declaración de intenciones

de ahora en adelante convoco las palabras que construyen mi memoria, quiero escribirlas para volver a ellas cuando las migas de pan desaparezcan digeridas en el estómago del tiempo y yo quiera volver a mi punto de partida.

jueves, 20 de marzo de 2014

Saudade do son

A túa voz,
sementa palabras,
percorre meus lugares,
non precisa mapa, non,
chega ao norte sen compás,
racha límites e fronteiras,
baleira o pasado,
resga os tecidos da alma.
Agora fica soa a ausencia.

viernes, 14 de febrero de 2014

Es choiva? (preguntaches)

Son choiva, si,
a esvarar polo teu corpo,
a mollar as túas praias salgadas,
a túa fraga, abeiro dos meus segredos.
Son choiva, si,
miudiña, pingueira, insistente,
ávida dun sitio teu onde me escorrentar.
Polas túas pendentes arriba e abaixo,
un sen fin de auga morna son,
á percura do funil que me recolla enteira,
no derradeiro segundo do solpor.

viernes, 7 de febrero de 2014

Noite de febre

Insomne,
sentindo o devagar das túas palabras,
polo corpo enteiro.
Afebrecida,
inqueda,
a humidade exténdese,
polas chanceiras e os cumios.
Non quero, non
a choiva incesante de imaxes.
Quero, si quero
a compaña da túa fervenza!

sábado, 26 de octubre de 2013

os pasos

Hai un camiño que me leva a ti,
seguro!
o da túa mirada doce,
o do teu sorriso tenro,
o do silencio que berra,
Pel, tesme chamado!
Pel, téñote chamado!




lunes, 3 de junio de 2013

viernes, 24 de mayo de 2013

Alquimia ou da algarabia dos sentidos

Nun aceno natural, espontáneo, dúas mans núas atopan -unha na outra- unha calor distinta, unha chamada da pel que xorde no intre mesmo do seu encontro, unha promesa...seica. Quen dixo que houbese tanta tenrura na túa mirada? e, ese sorriso cómplice é premonitorio? só escoito (e sinto) o rebumbio dos meus sentidos subvertidos pola túa presenza.

domingo, 10 de febrero de 2013

lembranza dun encontro


1997

Bárbara entre os bárbaros
Estranxeiros de seu
Eles -fondura de mar-
Eu -do mar das yubartas-.

Soñei peixes de cores
Espertei do soño -no solpor-
A cor, esvaecida
O soño, un pesadelo.

Quen sodes?
Quen son?
Eles, silencio na pel
Eu, coiro de tambores.

Non é home nin muller
Chamou por min -sen dicir o nome-
Coa voz das cantigas
Coa voz da auga no río.

Espida -sen roupa na alma-
Mágoa de min!
Eles -a verba, ferida aberta-!
Eu -amo o seu sangue-!