declaración de intenciones

de ahora en adelante convoco las palabras que construyen mi memoria, quiero escribirlas para volver a ellas cuando las migas de pan desaparezcan digeridas en el estómago del tiempo y yo quiera volver a mi punto de partida.

domingo, 15 de febrero de 2015

día a día (fragmento)

Amordazar as palabras é o que ten, desátanse en emocións un día calquera. De súpeto é sentir a mágoa coándose polas fendeduras da memoria, unha dor doce que vén das visceras mesmas e aniña no corazón, un non saber porque trocouse en silencio o rebumbio todo. As migallas esparexadas no campo dos versos non abondan para atopar o camiño.

miércoles, 7 de enero de 2015

Desexo cuántico

Persigo os átomos que circulan no espazo que ocupa a túa fermosa anatomía. Quérote perto, dentro, conxugando o desexo en todos os tempos e nun só lugar que me abrangue toda, o teu corpo!

domingo, 26 de octubre de 2014

tempo e destempo


Xeografías imposibles no ar
tempo errado dos hemisferios
des-tempo dos encontros. 
Fuxidas do seu tempo, as follas,
mudan de cores na outonía
o día que voltaches vestido de sol.  

domingo, 19 de octubre de 2014

desafío

El desafío no es al tiempo,
es a la escasa presencia de tu cuerpo
en mi tristeza desnuda.

viernes, 15 de agosto de 2014

Hoxe

Ao alcance da túa boca,
sitúome.
À distancia mínima
dos teus beizos,
para un bico longo.
Dozura que anticipa
-verso a verso-
o noso corpo a corpo.

miércoles, 14 de mayo de 2014

Paréntese

Garda para min unha única palabra,
déixaa na miña boca a media tarde,
no lugar irrepetible, na hora roubada,
na paréntese perfecta das nosas vidas.


martes, 22 de abril de 2014

Ela

Os encontros tiñan que ser felices- pensa ela- senón que razón ten furar un buraco no cotián e agochar alí todo o que non pode saír á luz? Segue a traballar cun rebumbio na súa cabeza, nos seus sentidos; os paxaros non veñen voando de fóra, tenos ela voando no ceo vermello da súa corrente sanguínea Non é verdade que fale o corazón, fala cada célula, cada átomo gravitando no corpo enteiro. Así vai pasando a mañá de martes, tiña que ser primavera pero parece outono.